publicidade hoxe

A Xunta salienta a importancia de impulsar a innovación e a transformación dixital e sostible no sector agroalimentario galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta mañá na xornada A dixitalización e industria 4.0 na transformación da industria alimentaria, organizada en Santiago de Compostela co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), onde puxo en valor o peso desta industria e a importancia de impulsar a súa transformación dixital e sostible.

“Un dos retos máis importantes do sector a medio e longo prazo é conseguir a dixitalización de toda a súa cadea, de forma que se aumente a confianza do consumidor”, incidiu Guldrís, quen destacou as distintas liñas e actuacións promovidas polo Goberno galego neste eido. Así, lembrou, o Igape impulsa cada ano axudas á dixitalización das pemes, con apoios que chegan ata o 50% dos gastos dos proxectos, liña que volverá a activarse no 2023; ou promoveu os chamados cheques de dixitalización para autónomos e pequenas empresas, con axudas do 80% dos gastos dos proxectos de adaptación á situación xerada pola pandemia mediante a implantación de todo tipo de tecnoloxías dixitais.

Un escenario, afondou Guldrís, no que destacan tamén outras actuacións como o programa Galicia Exporta Dixital, que busca apoiar ás pemes no desenvolvementos de plans empresariais de internacionalización dixital. Nesta liña, detallou, a industria alimentaria, xunto ao sector comercio e o metalmecánico, suman máis do 50% das solicitudes recibidas.

Así mesmo, o director do Igape destacou tamén a importancia dos Next Generation de cara á transformación industrial da Comunidade, lembrando que o Goberno galego ten impulsado con Clusaga unha oficina técnica que busca facilitar o impulso e captación de proxectos sustentados nestes fondos europeos.

1 de decembro de 2022 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.