publicidade hoxe

Rueda resalta que a Xunta xa ten mobilizados a práctica totalidade dos fondos europeos recibidos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada esquerda
A-
A+

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou hoxe que o Goberno galego “xa ten mobilizados a práctica totalidade” dos 937 M€ que Galicia recibiu do Executivo central ao abeiro dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).

O total dos fondos Next Generation no tramo de subvencións ou transferencias financeiras non reembolsables para España acada os 77.234 millóns de euros. Destes fondos, Galicia ten asignados 1.285 M€, pero polo momento só recibiu 937 M€, é dicir, “aínda falta por transferir unha cuarta parte dos fondos”, resaltou Rueda, quen reclamou premura ao Goberno central para non deixar escapar unha oportunidade única como son estes fondos europeos. “Reclamamos axilidade e na medida na que o Goberno central non se vexa capaz, que transfiera a xestión destas axudas”, indicou.

Pola súa banda, en canto aos pertes, o Goberno central anunciou convocatorias por importe de máis de 30.000 millóns, mentres que a día de hoxe só lanzou convocatorias por valor de 10.500 millóns de euros. “É dicir só unha terceira parte”, lamentou Rueda.

O Informe sobre a execución dos programas dos fondos estruturais 2014-2020 e dos programas financiados polos Fondos NextGenerationEU presentado hoxe ao Consello da Xunta polo titular de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, tamén fai referencia a outros fondos europeos extraordinarios como os REACT. Neste caso son 440 millóns de euros dos que a Xunta ten executado e comprometido xa o 75 %.

Fondos estruturais

Tal e como explicou Rueda, o documento avaliado hoxe en Consello tamén permite ver a execución dos fondos europeos ordinarios polos que Galicia conta con 1.300 M€.

O informe revela que dos 915 M€ dos que está dotado o Fondo de Desenvolvemento Rexional (Feder) -para potenciar a I+D+i, mellorar a competitividade das pemes, o ambiente ou favorecer a transición cara unha economía baixa en carbono-, xa están executados 801 millóns, “o que supón case un 88% do total”. Con estes datos, a Administración galega prevé que o total dos recursos serán executados en prazo, antes de finais do ano 2023.

Estes fondos permitiron fomentar a colaboración público-privada a través das unidades mixtas de investigación; fortalecer os centros de investigación singulares do Sistema universitario de Galicia; fomentar e garantir o uso das TIC nos servizos públicos, en eidos como, por exemplo, o educativo ou o sanitario; fomentar a mobilidade sustentable ou a eficiencia enerxética; ou a mellora de instalacións sociosanitarias como o equipamento do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

No caso do Fondo Social Europeo (FSE) está dotado con 322 M€ para promover a sustentabilidade e a calidade do emprego, a inclusión social e a loita contra a pobreza ou a formación e educación. Destes recursos, o presidente da Xunta resaltou que xa están executados “prácticamente a súa totalidade”. En concreto están xa executados 320,5 millóns de euros, é dicir, o 99,5 %. A través deste programa fináncianse liñas de axudas ao emprego autónomo cunha liña específica para o emprendemento feminino; actuacións enmarcadas na Estratexia de inclusión social de Galicia; ou determinados ciclos de formación profesional de grao medio e programas de mellora do rendemento educativo.

17 de novembro de 2022 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.