publicidade hoxe

Os Orzamentos de 2023 recollen unha liña de axudas pioneira para proxectos de loxística avanzada e sostible para pemes e autónomos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Xunta de Galicia recolle nos Orzamentos de 2023 a segunda edición dunha liña de axudas pioneira para proxectos de loxística avanzada e sostible para pemes e autonómos, dotada con 1,3 millóns de euros.

Así o sinalou o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, durante a súa participación na II Xornada Loxística Internacional, organizada polo Clúster da Función Loxística de Galicia.

Conde resaltou o papel activo desta organización empresarial e a súa colaboración coa Xunta por modernizar o sector a través do impulso á innovación e a loxística 4.0, e facer de Galicia un enclave estratéxico, a través da aposta pola mellora da eficiencia, a conectividade e a atracción de investimentos.

Na xornada presentouse un estudo da relevancia económica da función loxística en Galicia, que destaca que por cada euro de gasto final adicional na actividade loxística xéranse 2,26 na economía galega. Entre outros datos, o documento tamén recolle que por cada traballador adicional contratado para realizar actividades loxísticas contrátase a outro empregado en Galicia.

Segundo o vicepresidente económico, estas cifras demostran a capacidade da loxística á hora de crear emprego e riqueza en Galicia. Así, Conde resaltou que a función loxística é fundamental polo seu impacto nas cadeas industriais, lembrando que a súa importancia quedou demostrada tanto na pandemia como afrontando os retos derivados da guerra, a crise de subministracións e a inestabilidade dos prezos enerxéticos.

Neste sentido, resaltou que se Galicia puido superar por primeira vez a barreira dos 25.000 millóns de euros de vendas ao exterior en 2021 foi grazas a un servizo loxístico de calidade, que, segundo o responsable de Economía, Industria e Innovación, tamén é clave á hora de que a trintena de grandes proxectos empresariais que Galicia ten en carteira elixan a Comunidade para implantarse ou expandir o seu negocio.

3 de novembro de 2022 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.