publicidade hoxe

A Xunta recoñece o traballo de 20 estudantes cos Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico do curso 2021/22

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Xunta acaba de recoñecer o traballo de 20 estudantes de centros educativos galegos cos Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/2022. O listado de premiados, a razón de 11 de centros da provincia da Coruña, catro de Pontevedra, tres de Lugo e dous de Ourense, pode consultarse no Diario Oficial de Galicia, que publica a resolución destes galardóns co obxectivo de dar visibilidade pública ao esforzo e dedicación do alumnado que cursou esta etapa educativa cun excelente aproveitamento.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade dota cada un destes premios cun galardón de 1000€, cun incremento de 200€ (un 25% máis) con respecto á convocatoria do ano pasado. Ademais, cada persoa galardoada recibirá un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.

Os premios son compatibles, así mesmo, con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas concedidos por algunha administración pública competente ou calquera ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismos internacionais.

Puido acceder a esta convocatoria o alumnado que cursase o pasado ano académico o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria e que obtivese no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos. Os presentados deberon, así mesmo, realizar unha proba específica.

7 de novembro de 2022 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.