publicidade hoxe

A Xunta organiza a través da Rede Eusumo dous cursos para impulsar a economía social en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Rede Eusumo, organiza entre o venres 25 de novembro e ata o 9 de decembro o curso Coñece a economía social e os tipos de entidades que a forman, co obxectivo de visibilizar esta fórmula empresarial e explicar as súas vantanxes, así como os valores que promove.

A actividade ten unha duración de 20 horas e está dirixida a todas as persoas interesadas en coñecer o mundo da economía social e que queiran consolidar os seus proxectos empresariais. Ata mañá aínda está aberto o prazo de inscrición, que se pode realizar a través da plataforma de teleformación de Eusumo, https://campuseusumo.gal/.

Así mesmo, o próximo 1 de decembro e ata o día 15 do mesmo mes arrancará a terceira edición do curso Kit dixital de ferramentas útiles para as entidades de economía social, tamén no marco da formación que está a desenvolver a Rede Eusumo. Trátase dunha formación en liña de 40 horas coa que se busca ofrecer ao alumnado de forma sinxela e simple información sobre as principais ferramentas para facilitar a xestión das entidades de economía social, así como facilitar o traballo colaborativo e a organización dentro da entidade. A iniciativa está dirixida a persoas desempregadas, persoas traballadoras ou socias de entidades de economía social de Galicia e público en xeral. Os interesados poden anotarse ata o 30 de novembro, tamén a través da plataforma de teleformación de Eusumo, https://campuseusumo.gal/.

A Xunta aposta pola economía social e, por iso, de cara a 2023 o orzamento destinado a este ámbito experimenta un incremento dun 20,87% (+7,3 millóns) respecto ao ano anterior, chegando a un total de máis de 42 millóns de euros, artellados en tres grandes eixos de actuación: difusión da economía social; creación e consolidación de iniciativas de economía social, e promoción do emprego inclusivo.

23 de novembro de 2022 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.