publicidade hoxe

A Xunta difunde as vantaxes de combinar deseño e innovación a través dunha exposición e un dicionario de casos de éxito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia presenta mañá en Santiago de Compostela, en colaboración coa Fundación Didac, un proxecto expositivo e editorial para difundir as vantaxes que supón combinar deseño e innovación en termos de competitividade empresarial.

A exposición Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia será inaugurada mañá ás 10:30 horas e quedará aberta ao público desde as 16 horas na sede da Fundación Didac (rúa de Pérez Costanti, 12), onde poderá visitarse ata o 16 de decembro. Posteriormente, poderá visitarse en diferentes cidades galegas. Nela mostraranse deseños históricos, reflexións plásticas e visuais de deseño e sustentabilidade, materiais innovadores e exemplos de empresas que están a apostar pola innovación co deseño como motor.

Mañá tamén será presentada a publicación ABC-Deseño. Dicionario do deseño e da innovación de Galicia, que, na mesma liña que a mostra, supón un compendio de casos de éxito que representan o mellor do talento dos profesionais do deseño galego, da experiencia das empresas que incorporan o deseño e dos recursos e materiais naturais e sostibles. Este dicionario, que estará dispoñible a partir de mañá na web da Axencia Galega de Innovación, nace con 140 referencias e irá crecendo progresivamente.

Este proxecto expositivo e editorial enmárcase no Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – Diferenza, dándolle continuidade ás iniciativas da Xunta para recoñecer e difundir as mellores prácticas de incorporación do deseño como ferramenta de innovación e competitividade. Nesta liña destacan tamén os Premios Galicia de Innovación e Deseño e as publicacións Galicia. O deseño como motor e O deseño como motor. Casos de éxito en Galicia.

3 de novembro de 2022 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.