publicidade hoxe

A Xunta destaca a importancia de que os países iberoamericanos se atopen irmandados por unha mesma visión do que significa a I+D+i

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada esquerda
A-
A+
Intervención de Francisco Conde no encontro

Intervención de Francisco Conde no encontro

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou na inauguración da V Reunión de Ministras, Ministros e Altas Autoridades de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación de Iberoamérica a importancia de que os países iberoamericanos se atopen irmandados por unha mesma visión do que significa a I+D+i. Neste sentido, lembrou a aposta e o compromiso da Xunta co papel da innovación en todas as políticas públicas, e trasladou a súa vontade de poder seguir xerando sinerxías e materializando proxectos de futuro nos que poder colaborar.

Conde apuntou que o camiño da innovación en Galicia se basea na confianza e na colaboración con todos os axentes que conforman o ecosistema da I+D+i: administracións, empresas e centros de coñecemento; destacando que a Comunidade conta con tres universidades, dous campus de excelencia internacional, nove centros tecnolóxicos, cinco centros de investigación de excelencia internacional e tres institutos de investigación biomédica.

O responsable de Economía, Industria e Innovación resaltou que unha das fórmulas que se aplica na Comunidade para fomentar a innovación é a compra pública innovadora, que Galicia leva máis dunha década impulsando, executando xa 250 millóns de euros neste eido que está sendo clave para impulsar sectores emerxentes da economía.

Así, destacou o Polo Aeroespacial de Galicia, no que se leva traballando sete anos, e que, grazas á confianza e a colaboración público-privada, ten permitido traer a Galicia importantes multinacionais como Airbus, Babcock, Telespazio, Boeing e Indra, desenvolvendo todo un ecosistema de I+D+i nun sector tan relevante como é o aeroespacial.

O vicepresidente económico mencionou ademais o sector biotecnolóxico, onde tamén se está colaborando para impulsar proxectos que están a traer empresas tractoras ao ecosistema galego de I+D+i; e as tecnoloxías cuánticas, configurando un polo de coñecemento arredor do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).

2 de novembro de 2022 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.