publicidade hoxe

Os consumidores galegos poderán descargar o Bono Activa Comercio a partir do 24 de outubro e estará operativo ata o 31 de decembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá, en Santiago de Compostela, na presentación do Bono Activa Comercio onde informou de que os consumidores poderán descargar os seus descontos a partir do 24 de outubro.

Conde animou a solicitar o bono -que estará operativo ata o 31 de decembro- para cumprir o obxectivo de chegar a máis de 160.000 persoas. Tal e como explicou, trátase dun bono desconto de 30 euros que se poderá descargar a través do móbil -na páxina web bonosactivacomercio.gal- e empregar na lista de establecementos adheridos a esta iniciativa. Neste sentido, o comercio de proximidade poderá sumarse a esta iniciativa a partir do xoves que vén, 13 de outubro, rexistrándose na web.

A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. Así, o desconto será de 5 euros para compras entre 20 e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras entre 30 e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.

A Xunta de Galicia destina 5 M€ a esta iniciativa coa previsión de chegar a mobilizar 17 M€ en compras no comercio de proximidade de toda Galicia. O vicepresidente económico destacou que o obxectivo é axudar á economía das familias aliviando o impacto de inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos; así como incentivar as comprar no comercio de proximidade, nunhas datas clave para a actividade comercial.

7 de outubro de 2022 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.