publicidade hoxe

As probas para a obtención dos certificados de lingua galega realizaranse na segunda quincena de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

As probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 4, 3 e 2 terán lugar nas fins de semana do 19 e 20 e 26 e 27 de novembro. Así o indica a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se fixan as datas de realización das ditas probas, que se desenvolverán simultaneamente en Santiago de Compostela e Ponferrada.

Deste xeito, os exames para a obtención do Celga 4 realizaranse o sábado 19 de novembro para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por unha letra comprendida entre o T e o G e o domingo 20 para o resto. Pola súa parte, as probas para a obtención do Celga 3 e do Celga 2 terán lugar os días 26 e 27 de novembro, respectivamente, para todas as persoas admitidas.

Os centros e horarios de realización das probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade , poden consultarse no Portal da Lingua Galega. Asi mesmo, nesta web tamén se publicará, na semana das probas correspondentes, a porta de acceso ao centro e mais a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita. No caso daquelas persoas ás que, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Xunta comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e a aula correspondente.

Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta terá lugar o mesmo día que a proba escrita. A hora concreta na que cada persoa deberá estar presente para realizar esta proba publicarase no centro correspondente, así como no Portal da Lingua Galega, unha vez remate a proba escrita.

25 de outubro de 2022 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.