publicidade hoxe

A Xunta inicia a celebración da Semana Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo cunha xornada sobre realidade virtual e prevención de riscos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia celebra a Semana Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo con diferentes actuacións que arrancan hoxe cunha xornada técnica sobre realidade virtual e prevención de riscos laborais, na que se avaliará a aplicación da realidade virtual ao ámbito da prevención e riscos laborais co obxectivo de mellorar procesos, reducir a sinistralidade e acadar contornos laborais máis saudables.

En España, o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST), como Centro de Referencia da Axencia Europea, promove a realización de diferentes eventos no marco da Semana Europea, grazas á colaboración da Rede Española de Seguridade e Saúde no Traballo e a distintas organizacións que, ao longo do territorio español, participan na campaña, contribuíndo a sensibilizar sobre a importancia de cada unha das campañas europeas, así como a proporcionar información sobre as actuacións necesarias para garantir lugares de traballo saudables.

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), membro da dita Rede, como órgano técnico da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais, colabora tanto na realización como na difusión das actividades relacionadas con esta campaña. Ademais do webinario que ten lugar hoxe, levarase a cabo o xoves 27 de outubro outra xornada técnica sobre adaptación de postos de traballo.

A Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo este ano englóbase na campaña 2020-2022 Traballos saudables: relaxemos as cargas que ten por obxecto sensibilizar respecto dos trastornos musculoesqueléticos relacionados co traballo e a necesidade de xestionalos e promover unha cultura de prevención de riscos.

24 de outubro de 2022 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.