publicidade hoxe

A Xunta destina preto de 18 M€ a medidas para facerlle fronte á ciberdelicuencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta aposta polo fomento da ciberseguridade nas institucións, as empresas e no conxunto da sociedade a través dun un decálogo de medidas de colaboración entre administracións e cos sectores privados nas que investirá 18 millóns de euros. Unha exemplo desta cooperación é o Nodo CIBER.gal, a primeira estrutura de colaboración público-privada na materia en España que une súas forzas e recursos para identificar, deseñar e executar accións para facerlle fronte ás ameazas cibernéticas .

Así o afirmaron o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Julián Cerviño, na apertura da XI Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos IuristicGal2022, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia co apoio do Goberno galego.

Na súa intervención, o director xeral de Xustiza destacou o labor desenvolvido pola Xunta “nunha transición dixital rápida e axeitada ás necesidades da cidadanía que permita mellorar as medidas preventivas e a capacidade de resposta ante ciberataques”. O obxectivo é ser, no horizonte de 2030, “referente internacional na materia tanto a nivel académico e investigador como empresarial e comercial”. Nesta liña referiuse á importancia do Centro de Excelencia de Ciberseguridade de Galicia que implicará un investimento para a súa posta en marcha duns 3,5 millóns de euros.

O director xeral incidiu na preocupación crecente tanto entre as autoridades xudiciais e policiais como entre a cidadanía pola ciberdelincuencia. Para Tronchoni, trátase de “novas formas de criminalidade difíciles de perseguir e que requiren dun esforzo constante para dotar as forzas e corpos de seguridade e á Administración de Xustiza dos recursos precisos e de profesionais cualificados”.

Dixitalización da xustiza

Pola súa banda, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia lembrou que “hai máis de dez anos puxemos en marcha unha ambiciosa iniciativa para a dixitalización da xustiza, que se materializou a través dos plans Senda 2014 e Senda 2020.” Unha década na que Galicia reforzou as infraestruturas tecnolóxicas no eido xudicial; implantou os sistemas de xestión procesual para xuíces, letrados, empregados públicos e fiscais así como a sinatura dixital en todos os órganos xudiciais; puxo en marcha todas as pezas do expediente xudicial electrónico; desenvolveu unha rede de videoconferencias que dá servizo a todos os órganos xudiciais e foi a primeira comunidade en poñer en marcha a sede electrónica xudicial.

O máximo responsable da Axencia autonómica destacou agora “queremos lograr a consolidación dixital da xustiza, para facela máis próxima á cidadanía con capacidade para ofrecer uns servizos máis personalizados e adaptados ás súas necesidades”. E con estes obxectivos está en marcha o III Plan Senda 2025 cun investimento de máis de 43 millóns de euros, un 68% máis que os plans anteriores que, entre outras medidas, permitirá completar a dixitalización do 100% de salas de vistas planta xudicial galega e potenciar os actos procesuais en remoto; evolucionar a Sede Xudicial Electrónica e incrementar o número de servizos dispoñibles ou impulsar a estratexia do dato e automatización para que a xestión da información facilite a mellora e a calidade do servizo

20 de outubro de 2022 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.