publicidade hoxe

A Cidade da Xustiza de Vigo celebra as súas últimas xornadas de portas abertas ao público antes do inicio do traslado dos órganos xudiciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaVigo
A-
A+

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou que as visitas guiadas á Cidade da Xustiza volverán este mércores, 19 de outubro, antes de que o vindeiro luns comece o traslado definitivo dos xulgados desde os edificios da rúa Lalín.

As xornadas de portas abertas, últimas antes da posta en funcionamento da infraestutura xudicial, se levarán a cabo os días 19, 20 e 21 de outubro con horarios de 10:00 a 13:00 horas e de 16:30 a 18:30. Non será necesario realizar solicitude previa e o acceso será por orde de chegada a través da porta principal, na Praza Miguel Ángel Blanco, en grupos de 15 persoas.

Ademais, a representante autonómica sinalou que desde que se puxo en marcha esta iniciativa, alá polo mes de xullo de 2021, xa foron máis de 4.000 persoas as que participaron nas xornadas de portas abertas.

Traslado

Unha vez iniciado o pasado 26 de setembro o traslado do arquivo, o vindeiro luns comenzará a instalarse os xulgados, segundo o acordado coas autoridades xudiciais e fiscais, fixando que se instalen dous órganos xudiciais cada semana. En primeiro lugar, entrarían na Cidade da Xustiza os dous Contencioso-Administrativo.

Así, a actividade xudicial verase minimamente afectada e non haberá que suspender os xuízos xa programados. A este ritmo estímase que o traslado se completará a primeira semana de abril.

Investimento de 42 millóns

A nova infraestrutura, que acollerá 38 unidades xudiciais, trátase da obra xudicial máis importante da historia da comunidade na que a Xunta investiu máis de 42 millóns de euros e coa que está a piques de culminar o Plan de Infraestruturas Xudiciais, dotado con máis de 125 millóns.

Unha vez posta en marcha, a Cidade da Xustiza unificará nun só edificio os órganos xudiciais da cidade, ao acoller nos seus 44.000 metros cadrados as unidades xudiciais xunto coa Fiscalía de Área, as 2 seccións da Audiencia Provincial e a subdirección do Instituto de Medicina Legal (Imelga).

En total, trasladaranse máis de 500 traballadores da Administración de Xustiza, que terán á súa disposición unha escola infantil de 41 prazas para facilitar a súa conciliación laboral e familiar.

18 de outubro de 2022 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.