publicidade hoxe

Publicada a listaxe definitiva de admitidos nas bolsas de personal interino para cubrir postos de persoal funcionario na administración de Xustiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaProvincias
A-
A+

A Xunta publica hoxe a listaxe definitiva de persoas admitidas na convocatoria de bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia da que se recibiron máis de 5.700 solicitudes para optar a un total de 1.015 prazas, 217 máis que na convocatoria anterior.

As persoas incluídas na listaxe provisional escolleu bolsa e provincia no prazo habilitado pola Dirección Xeral de Xustiza entre o 29 de agosto e o 9 de setembro, de tal xeito que finalmente das máis de 5.700 solicitudes, 3.387 persoas son as que finalmente conforman as bolsas. A partir de mañá día 14 de setembro, os chamamentos do persoal interino realizaranse xa con esta nova bolsa.

En concreto, segundo a listaxe definitiva son 619 persoas admitidas na categoría de xestión procesual e administrativa, 1.103 na de tramitación procesual e administrativa e 1.665 de auxilio xudicial.

Por provincias, destaca A Coruña cun total de 1.485 persoas admitidas, seguida de Pontevedra con 1.180, Lugo con 372 e Ourense con 350.

A convocatoria desenvolve o procedemento de solicitude para a inclusión nas bolsas de persoal interino na Administración de Xustiza, unha vez publicada a finais do ano pasado a modificación da orde de 2018 sobre a selección e o nomeamento deste persoal tras a negociación entre a Xunta e as organizacións sindicais.

Deste xeito, flexibilízanse os requisitos para acceder á bolsa respecto da convocatoria do 2018, atendendo a circunstancias como a creación de novos órganos xudiciais, o incremento dos plans de reforzo motivados pola elevada carga de traballo dos xulgados ou o elevado número de xubilacións voluntarias, que aconsellan dispor dun maior número de integrantes para dar cobertura ás necesidades actuais de provisión de postos desocupados.

A apertura da nova bolsa tamén mellora aspectos como a igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres, ou a supresión do cesamento do persoal interino por falta de capacidade ou rendemento, entre outros aspectos.

13 de setembro de 2022 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.