publicidade hoxe

O plan de nova arquitectura pedagóxica ten comprometidas 22 actuacións en centros educativos de Bergantiños-Costa da Morte por máis de 2,8 M€

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo tenente alcalde de Laxe, Francisco Charlín e polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades, Indalecio Cabana, visitou esta mañá o CPI Cabo da Area. Trenor puxo en valor o importante investimento realizado neste centro no que se levaron a cabo obras de gran envergadura cun investimento de máis de 420.000 euros de substitución de fiestras no edificio de Primaria, SATE, canlóns e baixantes, pintado estrutura metálica e substitución de vidros rotos en lucernario. Ademais, realizaronse outras acutacións menores como a modificación dos portalóns e a renovación da plataforma da parada de autobuses cun investimento a maiores que rondou os 40.000 euros.

Na visita o representante do Goberno galego avanzou o desenvolvemento do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica na comarca de Bergantiños-Costa da Morte, a folla de ruta para a modernización dos centros educativos cun novo modelo de escolas poscovid. A día de hoxe, a Xunta de Galicia ten comprometidos con esta comarca 2,8 millóns de euros en grandes obras en 7 centros educativos desta área nos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Cee, Coristanco, A Laracha, Laxe e Ponteceso. Estas actuacións atópanse en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano

Nestas obras de gran envergadura a maior parte son rehabilitacións integrais e enerxéticas e melloras sectoriais, a través das que se mellora a eficiencia dos centros educativos (illamento térmico das fachadas, cambios de cubertas, cambio de fiestras, renovación de luminarias, etc).

No relativo ás obras de pequena e mediana envergadura realizáronse actuacións en 15 centros educativos de Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso e Vimianzo. Estas obras consistiron principalmente en reformas e adaptacións en diferentes zonas dos centros (como aseos e comedores), ampliacións de aulas, melloras de accesibilidade, actuacións nos peches dos recintos, así como traballos de modernización e para mellorar o confort de alumnos e profesores.

Así mesmo, o Goberno galego vai a confinanciar a construción dunha pista multideporte na escola unitaria da Pereiriña de Cee por una importe de máis de 63.000 euros.

Folla de ruta pioneira

Trenor lembrou que Galicia conta desde 2021 cun Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica co fin de adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas, cun investimento de 191 M€ nesta lexislatura.

Trátase dunha iniciativa pioneira que busca reforzar un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid, onde a arquitectura teña unha orientación educativa vinculada ás novas metodoloxías de aprendizaxe.

14 de setembro de 2022 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.