publicidade hoxe

O 061 de Galicia asistiu 70 persoas por 60 accidentes de tráfico na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 70 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 9 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 11 de setembro. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 26 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 60 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 70 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60% e do 40% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 30% dos atendidos tiña entre 30 e 44 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 23 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 23
Lugo: 8
Ourense: 7
Pontevedra: 22
Total Galicia: 60

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 68. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 56 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes.

En 58 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

12 de setembro de 2022 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.