publicidade hoxe

Cincuenta menores con medidas xudiciais por violencia de xénero incorpóranse ao Proxecto Fénix de reeducación para evitar a súa reincidencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaProvincias
A-
A+
Susana López Abella na reunión con representantes de Alar

Susana López Abella na reunión con representantes de Alar

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, desenvolve en Galicia un programa punteiro -Proxecto Fénix- que promove a intervención integral con menores sometidos a medidas xudiciais por exercer violencia de xénero, para a súa reeducación e prevención de futuras condutas violentas. A iniciativa, coordinada pola Asociación Alar Galicia, incorporou no que vai de 2022 un total de 50 rapaces.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e representantes de Alar fixeron hoxe nun encontro balance da iniciativa que se incardina no conxunto de medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero desenvolvidas en Galicia e conta cunha financiación este ano de 50.000 euros.

Desde 2019 e ata este 2022 o programa foi incrementando o seu número de participantes ata acadar no período os 140 beneficiarios. Susana López Abella puxo en valor “a oportunidade que se brinda a estes rapaces de participar neste programa educativo de sensibilización cara a igualdade de xénero e contra a violencia de xénero”.

Con esta medida, a Xunta de Galicia trata de dar resposta axeitada e previr comportamentos violentos entre a poboación moza. “O proxecto busca eliminar condutas de violencia cara ás parellas ou ex parellas entre os mozos e diminuír as probabilidades de reincidencia”, lembrou a secretaria xeral.

Os menores incorporados ao Proxecto Fénix son derivados a través da Fiscalía de Menores, establecendo unha rede de traballo coa Secretaría Xeral da Igualdade. A idea é levar a cabo o proxecto en todo o territorio galego para dar resposta directa e inmediata ás demandas das fiscalías e xuíces preferentemente nos casos de menores con cargos penais por violencia de xénero. Tamén está aberto á intervención en centros de menores e nos CIEMA que traballan na atención integral aos menores infractores, en especial, aos adolescentes en situación de conflito social.

A Xunta colabora tamén con Alar no fomento da contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero por parte das entidades sen ánimo de lucro que cun importe concedido de máis de 32.000 euros permitiu a entidade unha inserción laboral.

No mesmo eido, a Secretaría Xeral da Igualdade outorgou máis de 64.000 euros esta organización para o funcionamento do programa Adiante: paso a paso, co que acompaña a mulleres vítimas da violencia de xénero por medio de itinerarios de inserción personalizados ao que xa optaron 24 mulleres na provincia de Lugo, das que máis do 41% accederon ao mercado laboral.

16 de setembro de 2022 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.