publicidade hoxe

Ábrese o prazo de inscrición para formar parte do programa ‘Correspondentes Universitarios’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaProvincias
A-
A+

A Consellería de Política Social e Xuventude, en colaboración coas universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela, abriu o prazo para inscribirse no programa Correspondentes Universitarios, que fomenta a difusión de diferentes programas, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia ofrece ás mozas e mozos.

As persoas interesadas en formar parte desta iniciativa poderán inscribirse mediante un formulario electrónico, que está dispoñible ata o 17 de outubro. Os requisitos serán manter a condición de estudante dalgunha das titulacións das tres universidades durante o curso 2022/2023 e ter un máximo de 30 anos no momento da solicitude.

As funcións destes correspondentes serán difundir entre o alumnado información que poida ser do seu interese, xestionar regularmente un taboleiro ou sistema de divulgación e asistir ás reunións de coordinación que se convoquen, así como aos cursos de formación organizados pola Dirección Xeral ou as universidades. Así mesmo, terán que organizar unha xornada de información xuvenil nalgún emprazamento do seu campus.

Beneficios

As voluntarias e voluntarios que decidan converterse en correspondentes accederán a unha serie de beneficios, desde recibir información xuvenil de interese a unha formación gratuíta en materia de xuventude, así como a obtención gratuíta do Carné de Alberguista durante o curso escolar no que estean inscritos.

Así mesmo, recoñeceráselle o tempo dedicado como persoas voluntarias, as universidades expediranlles unha certificación a aqueles que acrediten a súa participación para os efectos da solicitude de créditos.

16 de setembro de 2022 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.