publicidade hoxe

A Xunta mantén aberto o prazo para acollerse ás axudas para a construción ou rehabilitación de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, recordou hoxe que a Xunta mantén aberto o prazo para presentar solicitudes á orde de axudas destinada ás entidades de iniciativa social para a construción ou rehabilitación de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade. Fíxoo durante unha visita á residencia de maiores Virgen de los Milagros, en Vilamartín de Valdeorras.

As entidades interesadas en beneficiarse deste programa, dotado con 13 millóns de euros e que permitirá renovar a carteira de servizos promovidos por estas, teñen ata principios do vindeiro mes de outubro para presentar as súas propostas a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta. Os requisitos para acollerse publicáronse o pasado 5 de setembro no Diario Oficial de Galicia.

O importe máximo destas achegas económicas será de 2 millóns de euros por entidade e o período de realización das actuacións será do 1 de xaneiro do ano 2022 ao 30 de novembro do ano 2025. Entre as actuacións subvencionables están a construción de novos equipamentos, acondicionamento e urbanización de inmobles; a adquisición de terreos, edificacións ou construcións para usos asistenciais; obras de reforma ou a compra e mellora de bens de equipamento precisos para o desenvolvemento da actividade.

13 de setembro de 2022 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.