publicidade hoxe

A Xunta destina máis de 1,8 M€ para actuacións de restauración, preservación e mellora de espazos da Rede Natura durante os anos 2022 e 2023

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaProvincias
A-
A+

A Xunta de Galicia vén de resolver a convocatoria para os anos 2022 e 2023 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos na Rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Con cargo a esta liña de axudas, a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinou a actuacións para restaurar, preservar e mellorar os espazos incluídos na Rede Natura un importe de máis de 1,8 millóns de euros.

Estas liñas de subvencións teñen como beneficiarios a concellos, que obteñen un financiamento de algo máis de 1 millón de euros; persoas físicas, que reciben máis 338.000 euros, e entidades, como comunidades veciñais de montes en mancomún e asociacións, que contarán con preto de 400.000 euros.

O obxectivo destas axudas, ademais de garantir e mellorar a biodiversidade nos sistemas agrarios de alto valor natural, é mellorar o estado das paisaxes agrarias galegas tanto nos espazos da Rede Natura 2000 como nas súas áreas de influencia socioeconómica.

Nesa liña, levaranse a cabo proxectos que contribúan á mellora da paisaxe rural tradicional e dos seus elementos representativos e ao mantemento das condicións ambientais necesarias para a conservación ou recuperación de especies relacionadas co medio agrario e os seus hábitats.

Ademais, inclúense axudas destinadas a investimentos non produtivos necesarias para conseguir obxectivos ambientais, é dicir, investimentos que non dean lugar a un aumento significativo do valor ou a rendibilidade das explotacións agrícolas e que contribúan á mellora do carácter de utilidade pública das zonas Rede Natura 2000 de Galicia.

13 de setembro de 2022 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.