publicidade hoxe

A Xunta de Galicia aposta polo Rallye Rías Baixas e apoia o seu obxectivo inmediato de regresar ao Supercampionato de España

Presentación do 55 Rallye Recalvi Rías Baixas

Presentación do 55 Rallye Recalvi Rías Baixas

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o secretario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete, presentaron este venres o 55 Rallye Recalvi Rías Baixas que se celebrará os vindeiros días 29 y 30 de setembro e 1 de outubro. A proba, válida para a Copa de España, contará con preto de 90 equipos competindo nas estradas da comarca viguesa.

“A Xunta ten unha aposta decidida polo mundo do motor e as catro rodas, temos o mellor calendario de rallys de España e chegamos a ter tres probas: Rías Baixas, Ourense e Ferrol”, sinalou o responsable autonómico de Deportes tras a firma do convenio de colaboración co presidente da Escudaría Rías Baixas, Fernando Mouriño.

Lete felicitou á organización do evento por chegar aos 55 anos de vida e adicou verbas especiais para os patrocinadores por seguir apostando por esta cita deportiva, referencia xa no panorama automobilístico nacional, na situación económica actual.

“Sempre estivemos ao lado da organización e imos seguir estando, porque o Rías Baixas ten que estar no campionato de España polo que están a traballar”, apuntou. Na mesma liña, Fernando Mouriño, da Escudaría Rías Baixas, sinalou que agardan que o vindeiro ano a proba estea incluída no denominado agora como Supercampionato de España de Rallyes (S-CER).

A edición de este 2022 terá saída na cidade de Vigo e o seu percorrido estará centrado no sur da provincia, con dúas paradas de reagrupamento no Porriño. Neste sentido, Mouriño engadiu que ata o vindeiro día 20 non poderían facer públicos os tramos por temas de seguridade.

16 de setembro de 2022 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.