publicidade hoxe

Apertura do prazo de solicitude das bolsas para o alumnado do Centro Superior de Hostelería de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia, DOG, publica hoxe a convocatoria para solicitar as bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostelería de Galicia, CSHG para o curso 2022/2023.

As bolsas supoñen un desconto no prezo da matrícula común por titulación do 80% ou do 50% sobre o prezo total.

Deste xeito, convócanse 6 bolsas co 80% de desconto no prezo da matrícula e 15 bolsas co 50% de desconto para cursar o primeiro curso do grao de Xestión de Empresas Hostaleiras.

Poderá solicitar estas bolsas o alumnado que reúna os requisitos académicos e económicos que establece esta convocatoria e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2022/23, no seu primeiro curso.

No caso no que non se cubran a totalidade das bolsas incluídas para a convocatoria do curso 2022/2023, poderán outorgarse ao alumnado do resto de cursos, sempre que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria.

O prazo para facer as solicitudes é dun mes e entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. O proceso de solicitude deberá xestionarse por medio da sede electrónica da Xunta a través da seguinte ligazón:https://www.turismo.gal/canle-institucional/transparencia/axudas-e-subvencions?langId=gl_ES

Requisitos xerais

Para poder optar á concesión dunha destas bolsas, deberá contarse coa nacionalidade española ou dun estado da Unión Europea, non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior, matricularse por primeira vez no primeiro curso da titulación do CSHG para o que se solicita a bolsa e non ter en vigor unha bolsa ou exención do CSHG.

Matriculación no CSHG
Por outra parte, o prazo de matriculación no Centro Superior de Hostelería de Galicia estará aberto entre os días 13 e 15 de setembro.

Os interesados poderán obter toda a información sobre este proceso a través do correo electrónico info@cshg.es.

9 de agosto de 2022 | 14:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.