publicidade hoxe

A Xunta mantén o compromiso coa cooperación ao desenvolvemento co novo plan director para o período 2023-2026

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, xunto ao director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, abordou hoxe con representantes da Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento as demandas da organización para levar a cabo os seus proxectos. No encontro, Diego Calvo avanzoulles que se terán en conta as súas achegas no novo IV Plan Director da Cooperación Galega 2023-2026, no que a Administración autonómica xa está a traballar.

O vicepresidente segundo incidiu no compromiso da Xunta co sector galego de cooperación ao desenvolvemento e destacou o importante labor que están a desenvolver as ONGD galegas co seu traballo sobre o terreo nos países máis desfavorecidos e que contan con menos recursos.

Diego Calvo garantiulle á Coordinadora Galega de ONGD o apoio do Goberno galego para que as organizacións que integran a entidade poidan mellorar as súas capacidades e orientar estratexicamente as súas actuacións, por iso manterá o convenio anual dotado con 100.000 euros.

Investimento de 7,8 millóns de euros

A Xunta vén colaborando dende hai anos coa Coordinadora nos ámbitos da sensibilización e fortalecemento institucional a través de distintas liñas de colaboración. Esta colaboración enmárcase no Plan Anual da Cooperación Galega, ao que este ano destinamos 7,8 millóns de euros, máis dun 5% que a contía do ano pasado.

Este programa inclúese, á súa vez, no IV Plan Director da Cooperación Galega, que recoñece o papel central que as ONGD están a cumprir no sistema de cooperación para o desenvolvemento, como actores relevantes para o diálogo de políticas e o fortalecemento do sistema galego de cooperación.

Na última reunión do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (CONGACODE) abordouse o cronograma do proceso de elaboración no que, como incidiu o vicepresidente segundo da Xunta, se fomentará a máis ampla participación dos axentes de cooperación.

1 de agosto de 2022 | 14:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.