publicidade hoxe

A Xunta intensificará o servizo de teleasistencia para chegar a final de ano a preto de 10.000 usuarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, presentou esta mañá o novo deseño do servizo de teleasistencia que se prevé que chegue a preto de 10.000 usuarios antes de fin de ano. O Goberno galego ampliou a flota de vehículos que achegan este servizo aos fogares das persoas maiores e renovou a súa imaxe para facelo máis recoñecible por parte dos usuarios.

Fabiola García destacou que o servizo de teleasistencia atende nestes momentos a 7000 persoas e supón un recurso fundamental para garantir a seguridade e a autonomía das persoas maiores que viven soas. Neste sentido, lembrou que este servizo permite que estas persoas poidan recibir axuda con tan só pulsar un botón.

Durante o acto, deuse a coñecer a nova imaxe tanto das unidades móbiles que achegan este programa aos fogares das persoas maiores coma os sinais de identidade do servizo como os chalecos dos seus instaladores. A conselleira apuntou que o obxectivo é que as persoas maiores gañen en autonomía e os seus familiares poidan ter a tranquilidade de que seguirán estando ben atendidos.

2 de agosto de 2022 | 14:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.