publicidade hoxe

A segunda edición do programa ‘EmpleArte’ mellorará en Pontevedra as oportunidades laborais de 20 persoas desempregadas de longa duración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedraPortada esquerda
A-
A+

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade colabora na celebración da segunda edición do programa EmpleArte en Pontevedra, promovido pola Fundación Santa María la Real. A iniciativa diríxese ás persoas desempregadas de longa duración para potenciar a súa empregabilidade e mostrar o seu potencial no mercado laboral actual.

As inscricións están abertas a todas as idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos, tendo prioridade os maiores de 45 anos. Ademais, os participantes poden ter calquera nivel de estudos e/ou proceder de calquera sector laboral. As persoas interesadas poden inscribirse ata o próximo 23 de setembro a través do formulario en liña ou acudindo de forma presencial á oficina de emprego da rúa Eduardo Pondal.

O programa terá unha duración de dous meses, desde finais de setembro ata finais de novembro, e conterá sesións virtuais e presenciais. A Xunta, que achega financiación procedente do Fondo Social Europeo, pon o foco, a través do mesmo, na busca de oportunidades para persoas desempregadas de longa duración.

A acción formativa, baseada no asesoramento de especialistas, versará sobre o novo mercado laboral e as recentes ferramentas para a busca de emprego. Tamén pretende impulsar a creatividade na configuración do currículum. Os contidos incluirán unha parte centrada nas habilidades comunicativas para enfrontar con éxito as entrevistas de traballo e trasladar confianza e seguridade, así como o propio potencial para o posto ao que se aplica.

29 de agosto de 2022 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.