publicidade hoxe

O novo modelo industrial ao que aspira Galicia ten como fonte de inspiración o coñecemento, a innovación, a sostibilidade e o talento

Intervención do vicepresidente primeiro

Intervención do vicepresidente primeiro

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela no I Foro de Sostibilidade organizado por APD, no que destacou que o novo modelo industrial ao que aspira Galicia ten como fonte de inspiración o coñecemento, a innovación, a sostibilidade e o talento.

Na súa intervención, Conde asegurou que a sostibilidade xa supón unha vantaxe competitiva e un novo reto para as empresas, polo que Galicia está asumindo os obxectivos do Pacto Verde Europeo. Un compromiso que se está levando a cabo a través de proxectos industriais que a Comunidade ten nestes momentos en carteira como a fábrica de fibras téxtiles de Altri, a planta de hidróxeno verde das Pontes ou a planta de ensamblaxe de estruturas de eólica mariña flotante de Nervión Naval Offshore, entre outras iniciativas.

Así, Galicia camiña cara a un novo modelo industrial para afrontar a transición ecolóxica como unha oportunidade para o crecemento sostible. Unha mostra é a nova liña de axudas que o Goberno galego vai poñer en marcha este ano para apoiar o desenvolvemento de proxectos de economía circular, optimización de recursos e materias primas e aproveitamento de residuos. Trátase dun programa cun orzamento de 1,5M€.

19 de xullo de 2022 | 14:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.