publicidade hoxe

O Noroeste Estrella Galicia únese á programación do Xacobeo con 17 artistas que encherán de música os dez escenarios do festival

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaCalendarioGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Presentación do Festival Noroeste Estrela Galicia

Presentación do Festival Noroeste Estrela Galicia

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá, na presentación do festival Noroeste Estrella Galicia que encherá de boa música á cidade da Coruña entre 10 e o 14 de agosto. Trenor destacou que este festival forma parte do ADN dos coruñeses xa que este ano celebramos a súa 35 edición. Neste senso, subliñou que contaremos con 49 bandas, 51 concertos, 18 dos cales contarán co apoio da Xunta, e 10 escenarios espallados por toda a cidade para darlle un carácter máis universal para chegar a todas as zonas da cidade.

Por iso a Xunta, a través do máis ambicioso Xacobeo xamais vivido, tiña que estar, tamén co Festival Noroeste Estrela Galicia que chega á súa trixésimo quinta edición. “Non hai moitos acontecementos musicais en España que poidan presumir de algo semellante. A Xunta quixo que a súa participación nesta cita musical sirva, dalgunha forma, para recuperar e conservar aquel primeiro espírito de apoio e impulso aos artistas locais”, destacou Trenor.

Por iso, o Xacobeo cristaliza a súa presenza no Festival Noroeste Estrela Galicia patrocinando a presenza no cartel de: Baiuca e Zahara en Riazor, Dios ke che crew (Santa Margarita), Miguel Costas e Familia Caamagno (Campo da Leña), Néstor Pardo e Alfredo García (Plaza de Azcárraga), Nara is Neus & Sasha Smirnov, Musculo e CRNDS (Fundación Luís Seoane), Uxía Pedreira (Castillo de San Antón), Antonio Placer (Casa Casares Quiroga), Toccoro e Judah (A Cormelana), Festicultores e Brasica Rapa (Pasacalles en Torreiro, Alicia Carrera e Teresa Ferreiro (Escenario Sellier).

Trenor subliñou que “apoiamos a presenza de 18 artistas sobre un total de 49, todos eles ―salvo a andaluza Zahara― con denominación de orixe galega. Por tanto, a Xunta de Galicia, a través do Xacobeo, mantén aquel espírito iniciático deste festival de hai 35 anos co seu compoñente de promoción da música local”.

O representante do Goberno galego subliñou a novidade de que nesta edición incluirase o peirao de Transatlánticos entre os dez escenarios elixidos para esta edición do Festival, nun paso máis cara a ese anhelo de decenas de miles de coruñeses de abrir á cidade e aos cidadáns o mar polos seus catro puntos cardinais. “Coa presenza do Porto, a música envolverá A Coruña durante cinco días nunha sinfonía de estilos e de propostas da que ningún coruñés poderá escapar porque ningún coruñés quererá escapar”, apuntou.

21 de xullo de 2022 | 15:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.