publicidade hoxe

O Festival Groba arrancará a súa décima edición o 13 de agosto en Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocal PortadaPonteareasPortada dereita
A-
A+
Presentación do Festival Groba

Presentación do Festival Groba

O festival Rogelio Groba celebra a súa décima edición do 13 ao 19 de agosto en Ponteareas co apoio da Xunta de Galicia. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación desta cita coa música de cámara que organiza cada ano a Fundación Groba, en homenaxe ao compositor Rogelio Groba.

No acto de presentación, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades puxo en valor este evento “consolidado” e que “xoga un papel esencial na difusión da música clásica en Galicia”.

O cartel deste ano contempla un total de sete concertos, tres deles da Orquestra de Cámara Galega, en diversos lugares de Ponteareas coa participación de artistas nacionais e internacionais. Así pois, “as estreas de obras de Rogelio Groba compartirán cartel con obras mestras da música de compositores como Schubert, Mozart, Dvoark, Shostakovich ou Boccherini”, salientou Anxo M. Lorenzo.

Ademais, esta cita recupera as súas actividades educativas cun novo programa de formación internacional para grupos de cámara que ten como finalidade, a través de titorías, promover o desenvolvemento artístico de músicos e a formación de novos talentos.

15 de xullo de 2022 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.