publicidade hoxe

Diego Calvo destaca a calidade do balonmán galego con equipos nas máximas categorías a nivel nacional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportesDeportes PortadaGaliciaLocal PortadaO PorriñoPontevedra
A-
A+

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe o Club Cisne Balonmán, polo seu ascenso á Liga Asobal, o segundo en dous anos. Nesta liga, a de maior rango a nivel nacional, coincidirá con outro equipo galego, o Frigoríficos Morrazo. Ademais, na máxima categoría do balonmán feminino en Galicia compiten outros dous equipos galegos: o Metálico Atlético Guardés e o Club Balonmán Porriño. Por iso, o vicepresidente segundo puxo en valor no acto de hoxe a calidade que todos eles aportan ao balonmán galego.

Nesta liña, incidiu na importancia que o balonmán ten en Galicia con representantes galegos nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020 como Rodrigo Corrales e Alicia Fernández Fraga ou Begoña Fernández en Londres 2012. A comunidade galega é tamén unha das de maior número de licenzas de balonmán en España ao superar as 5.000.

Na historia deste deporte na comunidade destacan fitos como o do ano 1996 cando catro equipo galegos coincidiron na primeira división nacional. Os éxitos como este ascenso do Club Cisne Balonmán -indicou Diego Calvo- animan aos nenos e nenas que se inician neste deporte e que teñen aos nosos deportistas como líderes e referentes.

Fomento do deporte base e de valores

Para o vicepresidente segundo da Xunta, equipos como o Club Cisne Balonmán contribúen a fomentar o deporte base e a inculcar os valores do deporte ás xeracións máis novas, obxectivo que tamén comparte o Goberno galego.

Un dos programas para fomentar a actividade deportiva e, ao mesmo tempo, favorecer a conciliación familiar e laboral é o Plan Corresponsables. Nesta iniciativa, dotada con 2,5 millóns de euros, a Xunta colabora con federacións deportivas da comunidade como a de balonmán e entre as 500 actividades levadas a cabo en 150 concellos hainas relacionadas con este deporte e mesmo o Club Cisne Balonmán colabora nalgunhas delas.

28 de xullo de 2022 | 14:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.