publicidade hoxe

Aposta polo traballo conxunto entre administracións e tecido empresarial para impulsar as enerxías renovables

acordo de colaboración entre a Asociación Galega do Hidróxeno e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Acordo de colaboración entre a AGH e investigadores da USC

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, acompañada polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, participou esta mañá en Santiago de Compostela na presentación do acordo de colaboración entre a Asociación Galega do Hidróxeno e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Na súa intervención, a secretaria xeral explicou que a Axenda Enerxética de Galicia 2030 contempla a aposta polo desenvolvemento das enerxías renovables, como pode ser o hidróxeno verde. Deste xeito, Galicia está no camiño marcado pola UE para achegar este vector enerxético a industrias, empresas, así como familias, para reducir a dependencia dos combustibles fósiles.

Para conseguir este obxectivo, destacou, é necesario o traballo conxunto de empresas, universidades, centros tecnolóxicos, asociacións e administracións. Neste sentido, a colaboración público-privada, como a que hoxe comeza co acordo entre a Asociación Galega do Hidróxeno e a USC, será clave para a posta en marcha de proxectos estratéxicos neste eixo, potenciando o papel do coñecemento e da investigación.

Uría tamén subliñou que outro dos obxectivos da axenda é acadar un novo mix enerxético, no que o hidróxeno verde terá un papel protagonista, e comprometeuse a traballar para impulsar e consolidar un tecido industrial asociado aos proxectos enerxéticos.

14 de xullo de 2022 | 14:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.