publicidade hoxe

A Xunta pon a disposición das persoas maiores e con patoloxías crónicas desaloxadas pola vaga de lumes máis de 50 prazas en residencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoO IncioPortada dereita
A-
A+

A Xunta abre as residencias galegas para acoller persoas maiores e a aquelas con patoloxías crónicas que precisan atención especializada e que foron desaloxadas das súas vivendas a causa da vaga de lumes. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe ás persoas acollidas nas residencia do Incio e Monforte, onde indicou que nestes momentos hai máis de 50 prazas dispoñibles repartidas en nove centros diferentes.

Fabiola García amosou o apoio de todo o Executivo autonómico ás familias que máis están sufrindo esta vaga de lumes, ofrecéndolles todos os servizos ao seu alcance para axudalas nesta difícil situación. Ao respecto, apuntou que, de ser necesario, se podería ampliar o número de prazas en centros residenciais para hospedar ás persoas máis vulnerables que precisan de atención e coidados.

Ademais, a conselleira destacou a resposta áxil que deron as entidades sociais e o sector residencial ante esta situación de emerxencia, e salientou o seu compromiso e vocación de servizo ao ofrecer prazas que teñen dispoñibles para atender de forma inmediata a quen máis o precisa.

19 de xullo de 2022 | 14:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.