publicidade hoxe

A Xunta participa na reunión da España Verde en Avilés onde presentaron o documental dirixido á promoción turística internacional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+
Nava Castro  na comisión de seguimiento do Convenio España Verde

Nava Castro na comisión de seguimiento do Convenio España Verde

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na comisión de seguimiento do Convenio España Verde, onde presentaron o documental dirixido á promoción turística internacional

Nava Castro participou no encontro que tivo lugar no Centro Niemeyer de Avilés no que participaron a viceconsejera de Turismo de Asturias, Graciela Blanco; o viceconsejero de Turismo de Euskadi, Jesús García de Cos; a directora xeral Turismo de Cantabria, Marta Barca, e a subdirectora xeral de Marketing Exterior de Turespaña, Branca Pérez-Sauquillo.

Este encontro, destinado a facer balance do primeiro semestre do ano e culminar a planificación de accións para o último período de 2022, foi o marco escollido para a presentación dunha produción audiovisual con formato documental destinada á promoción turística da España Verde en mercados internacionais. Este vídeo conta coa participación de profesionais de moi distintos ámbitos procedentes das catro comunidades da España Verde como Martín Berasategui, Diego Botín, Carlos Núñez ou Lucía Martiño, entre outros.

España Verde

España Verde é a marca territorial lanzada en 1989 por Galicia, o Principado de Asturias, Cantabria e Euskadi, co apoio de Turespaña, cuxo obxectivo é posicionar a cornixa cantábrica como destino turístico alternativo no mercado internacional, reforzando a súa imaxe de marca e promocionándose como destino único. A España Verde é líder nacional en natureza con 14 Reservas da Biosfera da UNESCO, 25 parques naturais, case 2.000 quilómetros de costa e 2.800 aloxamentos rurais.

15 de xullo de 2022 | 14:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.