publicidade hoxe

A Xunta incorpora ao catálogo de árbores senlleiras o magnolio de tabagón, situado no concello do Rosal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO RosalPortada dereita
A-
A+
Magnolio de Tabagón

Magnolio de Tabagón

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, incorpora ao Catálogo de árbores senlleiras de Galicia o Magnolio de Tabagón, situado no Concello do Rosal, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

O Magnolio de Tabagón é un exemplar pertencente á especie Magnolia x soulangeana Soul.-Bod ¾coñecida nomeadamente como magnolio de Soulange, magnolio caduco ou magnolio chino¾ é un arbusto ou pequena árbore de folla caduca que non adoita superar os 5-6 metros de altura. De floración temperá, as súas grandes flores branquecinas aparecen antes que as follas, o que os fai aínda máis fermosos e de especial interese decorativo nos xardíns.

Cunha idade estimada que supera os 200 anos, este magnolio atópase no xardín dunha casa que data do ano 1787 na parroquia de San Miguel de Tabagón. As súas extraordinarias características dendrométricas con 19,5 metros de altura e 2,72 m de perímetro fano aínda máis sobresaínte.

Unha ferramenta en constante actualización

O Catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, foi obxecto xa de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a posible incorporación de exemplares con valores salientables, como é o caso do Magnolio de Tabegón.

Este rexistro público de carácter administrativo inclúe todas aquelas árbores e formacións excepcionais merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección.

28 de xullo de 2022 | 14:50 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario