publicidade hoxe

A Xunta destaca o traballo de Emaús e Provivienda na loita contra a soidade non desexada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, puxo en valor esta mañá o traballo de Emaús e Provivienda na loita contra a soidade non desexada. Fíxoo durante unha reunión de traballo que mantivo con estas organizacións, na que coñeceu o proxecto piloto ‘As trenzas da Lola’.

A iniciativa tivo unha primeira fase que se desenvolveu en 2021 nas localidades de Vigo e Ribadavia co apoio da Dirección Xeral de Inclusión Social. Esta consistiu nunha diagnose exploratoria sobre a incidencia da soidade non desexada nos procesos de exclusión social e a importancia da incidencia deste fenómeno en todos os grupos de idade.

Durante a xuntanza, o director xeral destacou a necesidade de seguir avanzando no tratamento da soidade non desexada como unha das causas que propician o risco de exclusión social. Neste senso, analizouse conxuntamente coas entidades a implantación, como segunda fase do proxecto, dun programa piloto que aborde, desde a prevención, a redución deste fenómeno e da vulnerabilidade que desencadea.

Casas compartidas

O programa, deseñado tras analizar a situación desta problemática en ambas localidades, persegue promover encontros entre as persoas en situación de soidade non desexada e fomentar, entre outros recursos, a convivencia estable a través de casas compartidas .

O Goberno autonómico colabora con Emaús Galicia cun investimento próximo aos 300.000 euros, e con Provivienda, cunha achega de mais de 380.000€, para a posta en marcha de programas de inclusión en eidos como o laboral ou o residencial. Estas subvencións tramítanse a través das ordes de axudas a entidades e do 0,7% do IRPF. Neste sentido, Arturo Parrado aproveitou para agradecer o importante labor de ambas organizacións na identificación e atención integral das persoas máis vulnerables.

20 de xullo de 2022 | 14:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.