publicidade hoxe

A xira mundial de Rosalía “Motomami” chegará ao Coliseum o 29 de xullo da man dos concertos do Xacobeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaCalendarioLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Presentación do concerto de Rosalía

Presentación do concerto de Rosalía

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá, na presentación do concerto de Rosalía que será unha das paradas da xira mundial de presentación do novo traballo da cantante, “Motomami”, que se celebrará no Coliseum o 29 de xullo grazas ao patrocinio da Xunta, a través do Xacobeo,

e do Concello, a través do Consorcio de Turismo.

Será a única ocasión para escoitar á cantante en terras galegas e será no marco da programación dos Concertos do Xacobeo, o que permitirá tamén que a cidade herculina entre no circuíto das mellores xiras internacionais.

Este concerto conta así co apoio da Xunta de Galicia co obxectivo de promover a celebración deste Ano Santo excepcional

A artista catalá é na actualidade unha das cantantes españolas máis premiadas e recoñecidas do mundo e o seu novo disco ”Motomami” xa bateu récords con 5,79 millóns de streams nas primeiras 24 horas do seu lanzamento.

Trenor subliñou que “a partir da semana que vén, a medida que se vaia achegando a data, colocará A Coruña no centro musical do Galicia e como referencia de toda España”. O delegado da Xunta lembrou que, dous días antes de Rosalía, o mércores 27, e tamén no Coliseum, Concertos do Xacobeo estará presente no concerto de Simple Minds”.

22 de xullo de 2022 | 14:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.