publicidade hoxe

A programación musical do Xacobeo 21-22 en Vigo incorpora a Fito & Fitipaldis coa súa nova xira “Teatros e Auditorios”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaVigo
A-
A+
Fito ¬ Fitipaldis

Fito ¬ Fitipaldis

A Xunta de Galicia, a través da programación musical do Xacobeo 21-22, traerá a Vigo o vindeiro mes de outubro ao grupo Fito & Fitipaldis coa súa nova xira “Teatros e Auditorios” tras completar este mes de xullo o tour do seu último disco. Así, a banda liderada por Fito Cabrales actuará no Auditorio Mar de Vigo o 28 de outubro e as entradas estarán á venda o próximo luns, 1 de agosto, a través da plataforma Teuticket.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou a aposta do Goberno galego para incluír nos Concertos do Xacobeo aos grupos máis punteiros como é o caso de Fito & Fitipaldis. “Esta nova actuación vén a completar a mellor oferta musical que terá a cidade este ano”, sinalou a representante autonómica.

Despois de pechar a xira nacional máis multitudinaria, a banda anunciou este xoves un novo formato que achegará ao público a un ambiente máis íntimo en teatros e auditorios, no que se poderán escoitar cancións do seu último disco “Cada vez cadáver” e os clásicos da banda.

Na presentación este xoves da xira, Fito Cabrales anunciou que incorpora aos Fitipaldis a Jorge Arribas e Diego Galaz de Fetén Fetén que, xunto a Carlos Raya, Javier Alzola, “Boli” Climent e “Coki” Giménez, completarán a banda que percorrerá durante o outono e inverno algúns dos teatros e auditorios do país.

Muse, C.Tangana, Festival Latitudes…

Ademais deste concerto de Fito & Fitipaldis, a Xunta está a desenvolver unha ampla programación musical na cidade a través do Xacobeo 21-22. Así, o trío británico Muse estará o 8 de setembro no Estadio de Balaídos para ofrecer unha das tres datas que ten reservadas en España.

Co patrocinio do Xacobeo tamén estarán en Vigo C. Tangana (23 de agosto no Porto de Vigo) e xa estivo Rufus Wainwright (2 de xullo en Afundación). Ademais, están en marcha outros dous ciclos (Xacobeo Vigo e Xacobeo Importa) e un festival (Latitudes) para conformar unha oferta que chegará ata os vinte concertos na cidade.

No que respecta á area metropolitana, o Xacobeo 21-22 leva actuacións a Mos (Morat e Tanxugueiras), O Porriño (Taburete), Redondela (M-Clan), Tui (Xoel López), A Guarda (Beret), Soutomaior (Dani Fernández), Cangas (Roi Casal), Baiona (Andrés Suárez) e Oia (Tanxugueiras).

Calendario musical do Xacobeo en Vigo

Xacobeo Importa:
17 de xuño: Pat Metheny – Auditorio Mar de Vigo
26 de xuño: Marisa Monte – Afundación
7 de xullo: Agnes Obel – Afundación
10 de xullo: Leon Bridges – Auditorio Mar de Vigo

Rufus Wainwright:2 de xullo (Afundación)

Ciclo Xacobeo Vigo (Auditorio Mar de Vigo):
6 de xullo: Fat Freddy’s Drop
14 de xullo: Cimafunk
17 de xullo: Steve Vai
22 de xullo: Yann Tiersen
9 de agosto: Texas

Festival Latitudes: (Porto de Vigo)
19 de agosto: Two Door Cinema Club, Mando Diao, Bala e Zalomon Grass

20 de agosto: Iggy Pop, The Vaccines, Aphonic, Furious Monkey House

C. Tangana: 23 de agosto (Porto de Vigo)

Festival Música Urbana: 27 de agosto (Porto de Vigo)
Ayax y Prok
Quevedo
Califato
Sila Lúa
Safree

Muse: 8 de setembro en Balaídos

Fito & Fitipladis: 28 de outubro no Auditorio Mar de Vigo

28 de xullo de 2022 | 14:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.