publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cortes de carril polas obras de substitución das xuntas de dilatación do viaduto do Barbantiño, na autovía Dozón-Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDozónGaliciaLocal PortadaOurenseOurensePontevedraPortada dereita
A-
A+
Substitución das xuntas de dilatación

Substitución das xuntas de dilatación

O inicio hoxe das obras de substitución das xuntas de dilatación do viaduto do Barbantiño, na autovía Dozón-Ourense (AG-53), obrigarán a efectuar cortes de carril a partir de hoxe.

A actuación implicará cortes de 24 horas para impedir a circulación sobre as xuntas durante o tempo necesario para que os morteiros fragüen e consigan a resistencia necesaria. Deste xeito, cada carril quedará cortado aproximadamente desde as 8:00 horas dun día ata as 19:00 horas do seguinte, manténdose a circulación no outro coa debida sinalización.

A intervención consistirá na renovación de todas as xuntas, cambiando a tipoloxía naquelas nas que sexa posible, de modo que pasen de ser dobres a xunta única, causando menos incidencias no tránsito de vehículos. Isto é viable porque pasaron xa varios anos desde a posta en servizo do viaduto e os movementos da estrutura de formigón son xa moi pequenos con respecto aos primeiros momentos desde a súa construción.

O obxectivo dos traballos é lograr unha maior comodidade na condución e mellorar a sensación de seguridade dos usuarios.

Esta actuación forma parte do programa pioneiro de inspección de estruturas e obras de paso polo que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realiza inspeccións periódicas nas pontes, viadutos e outras obras de paso para coñecer as necesidades de intervención, garantir a seguridade viaria e actuar de modo preventivo fronte a posibles problemas futuros.

Neste caso, as inspeccións realizadas sobre o viaduto do Barbantiño ofreceron como resultado que a maioría das xuntas non tiñan ningún problema relevante e que as irregularidades non eran especialmente acusadas, pero estase a proceder á súa renovación como medida de conservación preventiva.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na conservación e no mantemento da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles unhas estradas máis seguras e cómodas aos usuarios.

20 de xuño de 2022 | 11:59 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario