publicidade hoxe

A Xunta destaca a forte aposta de Galicia na rectivación turística cunha gran oferta de calidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaOurenseOurensePortada dereita
A-
A+
Nava Castro na presentación do Congreso Internacional de Turismo que terá lugar en Ourense

Nava Castro na presentación do Congreso Internacional de Turismo que terá lugar en Ourense

A directora de Turismo, Nava Castro, destacou hoxe a forte aposta de Galicia cunha gran oferta turística de calidade, no marco da presentación do Congreso Internacional de Turismo, que terá lugar en Ourense no mes de outubro.

Nava Castro resaltou que tal e como amosan os últimos datos, Galicia é unha comunidade cun potencial turístico que, debido á súa diversidade de ofertas, non ten parangón, coa chegada de máis de 1 millón de turistas no primeiro cuadrimestre deste ano e con máis de 120.000 peregrinos que xa selaron a súa Compostela.

Galicia é unha potencia turística de calidade, e isto débese en gran medida a que somos unha comunidade punteira na oferta dun turismo aberto, sen masificacións, con paisaxes salvaxes e unha natureza sen igual ou con ofertas gastronómicas e vitícolas de recoñecemento internacional, destacou a directora de Turismo de Galicia.

O sector turístico ten por diante como a globalización e a alta competitividade entre os destinos turísticos, polo que gracias a este tipo de congresos, se poñen en común vías a desenvolver dende os diferentes sectores que serve para aportar un mellor servizo neste ámbito e buscar as mellores solucións.

Neste senso, dende a Xunta levamos tempo apostando pola profesionalización e a modernización do sector turístico para poder ofrecer un servicio de excelencia. Proba delo é a aceleradora galega de proxectos (TURISLAB), nacida co obxetivo de crear un ecosistema aberto e unha rede de recursos para proxectos innovadores e de alto impacto na sociedade especializados en Turismo sostible e de calidade.

Cabe resaltar tamén o Centro Superior de Hostalaría de Galicia, dende onde fórmanse os directivos hoteleros e xestores en cociña cunha metodoloxía moderna e eficaz, coa cal o alumnado acada os máis altos niveles de profesionalización activa na súa profesión, algo que na actualidade está sendo altamente valorado e demandado.

Galicia está destinada a formar parte do turismo do futuro, no que a innovación e a excelencia está chamada a xogar un papel relevante e por iso precisamente é necesario dar un paso a diante na especialización e na procura de novos sectores e ofertas formativas tan interesantes como esta rematou a directora de Turismo.

17 de xuño de 2022 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.