publicidade hoxe

A Xunta destaca a forte aposta de Galicia como potencia termal cunha gran oferta turística de calidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A directora de Turismo, Nava Castro, destacou hoxe a forte aposta de Galicia como potencia termal cunha gran oferta turística de calidade, no marco da mesa redonda “O turismo de saúde e benestar: situación, retos e oportunidades”, no VIII Curso de Verano da Univesidade de A Coruña.

Nava Castro participou no curso “Potencialidades do turismo de saúde e benestar: unha fórmula para a recuperación” onde indicou que en Galicia parte da base dun turismo termal xa consolidado, con ofertas de calidade. Ademais, Castro destacou que o turismo termal é unha potencialidade no momento de recuperación económica e turística actual, xa que somos unha comunidade que está a ofertar un turismo sen aglomeracións e permitindo o desfrute da natureza.

“A nosa terra está considerada como un dos principais destinos termais de España e tamén no eido internacional, xa que é o segundo lugar de Europa con maiores reservas de augas mineromedicinais, con máis de 300, algúns das cales deron lugar aos 21 balnearios dos que podemos desfrutar, contando con 7 dos 8 tipos de augas medicinais que existen”, indicou a directora de Turismo de Galicia.

Nava Castro explicou que “dende a Xunta puxemos como unha das nosas liñas primordiais de actuación as augas termais, impulsando o termalismo como elemento dinamizador socioeconómico do territorio, sobre todo en contornas rurais, mediante estratexias de creación de produto e utilizando as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para unha xestión turística máis sustentable e intelixente”.

O Curso, organizado pola UDC ten por destinatarios aos alumnos ou as persoas tituladas en Turismo ou titulacións relacionadas, así como a profesionais do turismo ou dinamizadores locais e ou xestores culturais.

14 de xuño de 2022 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.