publicidade hoxe

O presidente da Xunta nomea ao seu novo Goberno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Alfonso Rueda, novo presidente da Xunta

Alfonso Rueda, novo presidente da Xunta

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe o decreto polo que se establece a estrutura dos órganos de Goberno da Xunta e que se publicará mañá no Diario Oficial de Galicia.

O novo Goberno galego manterá a estrutura de dúas vicepresidencias – a Vicepresidencia primeira será agora a económica – e nove consellerías, pero incorpora algunhas modificacións na configuración dos departamentos. Continuarán, ademais, os titulares de todas as consellerías, coa incorporación na Vicepresidencia segunda de Diego Calvo.

Así, a estrutura da nova Xunta estará conformada do seguinte modo e coa seguinte orde de prelación:

– Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: Francisco Conde López

– Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: Diego Calvo Pouso

– Consellería de Facenda e Administración Pública: Miguel Corgos López-Prado

– Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: Ángeles Vázquez Mejuto

– Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: Ethel Vázquez Mourelle

– Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: Román Rodríguez González

– Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: María Jesús Lorenzana Somoza

– Consellería de Sanidade: Julio García Comesaña

– Consellería de Política Social e Xuventude: Fabiola García Martínez

– Consellería do Medio Rural: José González Vázquez

– Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo

Entre outras novidades, Turismo pasa a depender da Presidencia da Xunta, como mostra da prioridade que se lle dá a esta área para esta década Xacobea.

En materia económica, a Vicepresidencia primeira será a encargada de coordinar toda a acción do Goberno neste eido, así como a política industrial. Ademais, no novo organigrama evidénciase a aposta pola xuventude e a formación profesional incluíndo as súas denominacións no nome das súas respectivas consellerías.

Cómpre recordar que, en tanto non se proceda ao desenvolvemento da estrutura deste decreto, os órganos superiores e de dirección existentes manterán a súa estrutura e funcións.

15 de maio de 2022 | 16:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.