publicidade hoxe

Homenaxe a Xosé Vázquez Pintor en Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCambadosLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

cartel apertas buxo cambadosExposalnés (Cambados), acolle o venres 6 de maio, ás 20.00 h, un acto homenaxe ao escritor Xosé Vázquez Pintor, no que se presentará o libro 75 apertas de buxo irmandadas para Pintor, publicado por Edicións Fervenza, e no que participaron un total de 75 persoeiros, amigos e compañeiros do escritor con motivo da conmemoración do seu 75 aniversario.

No acto, aberto ao público ata completar aforo, acompañarán ao homenaxeado Baldomero Iglesias “Mero”, Inma Castro, Domingo Tabuyo, Ramón Caride, Xosé Lois García, Francisco Álvarez “Koki”, Inés Meaño Vieites, Lois G. Magariños, Manuel Núñez Pérez e Maribel Iglesias; así como amigos e familiares do escritor que acudirán a mostrar o seu agarimo.

 A obra

 75 apertas de buxo irmandadas para Pintor é un libro conmemorativo no que participan un total de 75 persoeiros, escritores, pintores e amigos de Xosé Vázquez Pintor que, cos seus escritos, colaboraron na elaboración desta obra homenaxe e nos que mostran o seu particular respecto e agarimo á figura do escritor. Trátase de amigos e veciños das súas dúas terras, Cangas e Melide; pero tamén compañeiros de Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Agolada, Cuntis, a Estrada, Vigo, Bueu ou Moaña, entre outros.

Esta publicación non sería posible sen o traballo de tres grandes amigos de Pintor que exerceron como coordinadores do proxecto, Ángel Utrera, David Otero e Xoán Carlos Chillón.

5 de maio de 2022 | 09:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.