publicidade hoxe

A Oficina Agraria Comarcal de Caldas está de estrea tras acometer a Xunta a súa remodelación cun investimento de 72.000€

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Luis López na visita ás instalacións

Luis López na visita ás instalacións

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, xa ten en marcha a nova Oficina Agraria Comarcal de Caldas de Reis tras acometer a remodelación desta dependencia, emprazada nun edificio municipal da travesía de Dona Urraca, cun investimento de 72.000€.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo xefe territorial do Medio Rural, Antonio Crespo, e do alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, visitou esta mañá as novas dependencias nun inmoble no que tamén se atopan a Escola Municipal de Música e o Obradoiro de Emprego, concedido tamén pola Xunta de Galicia.

“É unha satisfacción dispoñer desta moderna instalación para a comarca, con todos os servizos veterinarios e administrativos do medio rural, e que xurde froito da colaboración institucional entre a Xunta e o Concello para atender axeitadamente nesta materia aos case 35.000 veciños da bisbarra de Caldas”, explicou o representante autonómico.

A Consellería do Medio Rural dispoñía da Oficina Agraria no Centro Comarcal da Tafona, pero facíase preciso un cambio de emprazamento para a recolocación de servizos municipais e autonómicos, polo que a Xunta e o Concello asinaron un convenio para que se puidera trasladar a este inmoble en réxime de cesión por espazo de quince anos con posibilidade de prórrogas sucesivas.

Tras a sinatura dese acordo a finais do pasado ano, a Consellería do Medio Rural destinou 72.000 euros á remodelación da dependencia, situada na pranta baixa, e á dotación de mobiliario e equipamentos. Deste xeito, a Oficina Agraria Comarcal ocupa unha superficie de 170 m2 e dispón de recepción, sala de agarda, tres despachos, sala de reunións, almacén e arquivo.

A intervención realizada incluíu a apertura dun pull administrativo, a diferenciación e redistribución de espazos para recepción e administración, a instalación de duchas e cortinas, a organización das salas e despachos e a colocación de falso teito, iluminación e a correspondente imaxe corporativa.

3 de maio de 2022 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.