publicidade hoxe

A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta escolle os 10 finalistas da súa segunda edición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Comité de selección

Comité de selección

A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia xa ten aos seus 10 finalistas para o programa completo de formación e mentoring desta segunda edición. O pasado venres, os 15 aspirantes presentaron as súas propostas despois dunha intensa fase inicial de pre-academia ante os membros do comité de selección, conformado por representantes das distintas entidades que apoian e participan nesta iniciativa estratéxica do Goberno galego.

Os avaliadores puideron interpelar directamente ás startups sobre os seus proxectos, o modelo de negocio co que traballan e sobre as previsións que manexan de cara á saída aos mercados. A intención é obter a maior información posible para identificar futuros casos de éxito en fases temperás como esta de pre-seed.

As valoracións ponderadas dos membros do comité traducíronse na escolla de 4 proxectos da categoría Travel Tech, 2 proxectos de Gastro Tech e outros tantos de Social Tech, un representante de Turismo de litoral e outro de Infrastructure Track. Esta é a listaxe dos 10 finalistas escollidos, por orde alfabética:

– Atlantic Surf (Turismo de litoral)

– Boldest (Travel Tech)

– O Mercado da Pedra (Gastro Tech)

– Salmoira (Gastro Tech)

– Spa Relajarse (Social Tech)

– Spot Now (Travel Tech)

– Tric Track (Infrastructure Track)

– Turismo Inclusivo – Arribeirados (Social Tech)

– Viajator (Travel Tech)

– Wonder Experience (Travel Tech)

Quedan na quenda de agarda as outras 5 startups da Pre-Academia: A Leira 116 (Camiño de Santiago); BGreen (Sostibilidade); Bravo (Camiño de Santiago); Meet Rural (Social Tech) e Xacobus (Camiño de Santiago).

Os 10 finalistas arrancan este mesmo venres, 13 de maio, o núcleo central do programa de formación e mentorización promovido pola Xunta de Galicia. Será o programa completo, de 6 meses de duración, que este ano amplía contidos e aumenta a súa rede e de expertos en distintas áreas de formación na procura de subir o nivel de preparación das startups. A finais de novembro terán que repetir a experiencia do Demo Day clasificatorio para valorar que proxectos recibirán os galardóns de gañadores desta segunda edición, nunha gala prevista para o mes de decembro.

9 de maio de 2022 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.