publicidade hoxe

Galicia e Asturias escenifican o primeiro contacto para recuperar o estado de conservación do río Eo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada esquerda
A-
A+

A directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Belén do Campo, e o director xeral de Medio Natural e Planificación Rural do Goberno do Principado de Asturias, David Villar, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo na Casa do Concello de Vegadeo —na que tamén participou o alcalde, César Álvarez— para avanzar no proxecto conxunto de recuperación do río Eo.

Trátase dun proxecto coordinado por ambas comunidades autónomas e que se enmarca dentro das actuacións de restauración de ecosistemas e infraestrutura verde, ás que se destinan fondo europeos de recuperación Next Generation.

O obxectivo é mellorar o estado de conservación dos corredores fluviais atlánticos da Rede Natura 2000. O proxecto, baseado nas boas prácticas extraídas do programa LIFE Fluvial, inclúe a xestión sostible dos hábitats en varias subconcas fluviais atlánticas deste humidal que forma parte de la lista Ramsar.

A actuación dos gobernos de Galicia e Asturias centrarase en actuar sobre factores de ameaza, como especies invasoras, intensificación de usos ou problemas fitosanitarios, que provocan o deterioro e fragmentación dos hábitats dos corredores fluviais.

28 de xullo de 2021 | 11:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.