Feijóo acompañou aos reis na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago e a Santa Misa
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu ás SS.MM. os Reis e ás SS.AA.RR. a Princesa de Asturias e a Infanta dona Sofía na praza do Obradoiro e acompañounos á Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago e a Santa Misa na Catedral de Santiago de Compostela. Posteriormente, todas as autoridades dirixíronse á Casa do Concello para asinar no Libro de Ouro da cidade.