publicidade hoxe

Cubertas as 600 prazas dos minicampamentos de verán da Xunta en tan só dúas semanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado informou de que xa foron cubertas a totalidade das prazas nos minicampamentos de verán “Coñece Galicia”. O período de inscrición para as 600 prazas ofertadas, un 10% máis que o ano 2020, iniciouse o pasado 25 de xuño e, dúas semanas máis tarde, xa foron todas adxudicadas.

Esta iniciativa, que a Xunta ampliou tras o éxito do pasado ano, ten un dobre obxectivo: por unha banda, ofrecer unha opción de lecer activo ás mozas e mozos galegos, coa particularidade de que son estadías rápidas de cinco días de duración; e, por outra, axudar a dinamizar o sector hostaleiro, que tanto sufriu este ano.

Dirixida a nenos e nenas de entre 10 e 14 anos, serve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo. Co obxectivo de facer máis accesibles os minicampamentos, a Xunta aplica descontos do 50% ás familias numerosas ou monoparentais e do 25% a todos os usuarios do Carné Xove, que chegará de forma gratuíta aos domicilios das 400.000 mozas e mozos galegos.

As 600 prazas nos minicampamentos súmanse ás ofertadas nos campamentos e nos campos de voluntariado, e integran a programación da Campaña de Verán, que chega en 2021 a máis de 7.800 beneficiarios. En todos eles estanse a manter as medidas de protección fronte á covid-19 postas en marcha o ano pasado, que inclúen a redución do aforo, a incorporación escalonada das rapazas e rapaces, o reforzo do persoal monitor e o incremento das medidas hixiénicos-sanitarias.

12 de xullo de 2021 | 11:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.