publicidade hoxe

Convócanse cursos de formación sobre intervención en emerxencias para os concellos con grupos de emerxencia supramunicipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para a realización de cursos sobre intervención en emerxencias para os concellos con grupos de emerxencia supramunicipais (GES).

A Xunta pon en marcha estes cursos de formación que teñen como obxectivo formar ao persoal que participou nos procesos selectivos dos GES coa finalidade de dotalo dos coñecementos necesarios nos principais riscos e emerxencias aos que se van enfrontar no seu labor. Deste xeito, os alumnos recibirán formación en primeiros auxilios, actuacións en caso de accidentes de tráfico, extinción de incendios urbanos e industriais e intervención en incendios forestais.

Os cursos constarán de 70 horas lectivas, con exercicios prácticos e unha proba final, e con dúas edicións iniciais; a primeira, do 2 ao 25 de agosto; e a segunda, do 10 de agosto ao 2 de setembro, nos dous casos en modalidade semipresencial.

O curso vai dirixido a todo o persoal que participou nos procesos selectivos dos GES, pero con prioridade para os dos concellos que contan cun GES de nova creación e que xa dispoñen dunha sede para o grupo de emerxencia supramunicipal, como Maceda, A Veiga, Redondela-Mos, Moraña, A Cañiza, A Lama ou Friol.

A superación dos cursos permitirá ao persoal contar cunha formación preceptiva despois de superar o proceso selectivo, e especializada para realizar, entre outras funcións, labouras de extinción de incendios urbanos e forestais ou intervención en accidentes de tráfico nas que a menudo está en xogo a vida das persoas.

21 de xullo de 2021 | 10:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.