publicidade hoxe

Convocadas as axudas para a celebración de festivais, certames e feiras culturais de carácter afeccionado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a nova liña de axudas para apoiar a realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, da que se poden beneficiar institucións sen fins de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina un total de 50.000 euros a este fin para apoiar propostas que teñan unha duración mínima de dous días consecutivos e un máximo de seis, e que como mínimo destinen un 30% do total das actuacións artísticas a cargo de grupos e ou compañías galegas e as actividades deberán ser gratuítas para o público, entre outros requisitos.

As axudas convócanse en réxime de concorrencia competitiva e a axuda máxima por beneficiario será de 6.000 euros e poderá ascender a 7.500 euros cando se trate de solicitudes conxuntas de entidades locais, é dicir, solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local.

Esta convocatoria enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia por impulsar e apoiar unha programación diversificada e plural, así como distribuída pola xeografía galega. Contribúese así á promoción e cooperación cultural, á difusión e animación sociocultural e á promoción da cultura en Galicia. A anterior edición resultaron beneficiarios unha decena de entidades e concellos.

21 de xullo de 2021 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.