publicidade hoxe

Conde defende a busca de sinerxías entre administracións e tecido produtivo para reinventar a industria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Francisco Conde asiste por videoconferencia á xornada Galicia 2030

Francisco Conde asiste por videoconferencia á xornada Galicia 2030

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, defendeu hoxe a busca de sinerxías entre administracións e tecido produtivo para reinventar a industria sobre a base da dixitalización e a sustentabilidade. Segundo dixo, isto significa apostar pola economía do coñecemento, pola descarbonización e por sectores intensivos en tecnoloxía e I+D+i para liderar desde Galicia proxectos de valor económico, social e ambiental.

Conde interveu por videoconferencia na xornada Galicia 2030: reinventar a industria, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), onde salientou que a estabilidade no plano sanitario nos conduce, desde o punto de vista económico, a unha nova fase de reconstrución, de reactivación e de reformas. Un momento, dixo, no que é necesario recuperar o crecemento para levar adiante todo un proceso de transformación no tecido produtivo para facelo mais dixital, sustentable e resiliente.

Neste sentido, apuntou que os fondos Next Generation van ser a vacina económica que, en Galicia, cun investimento de máis de 20.000 millóns de euros, poden supoñer: máis enerxías renovables como o hidróxeno verde e a eólica mariña, novos modelos de economía circular, fábricas intelixentes dotadas de alta tecnoloxía nos sectores estratéxicos da economía galega ou o desenvolvemento e a implantación dunha nova mobilidade. Ademais, recalcou que dixitalización e sustentabilidade son sinónimo de emprego cualificado.

Por este motivo, Conde destacou que vai ser moi importante que o Goberno actúe con planificación e axilidade na asignación dos fondos e, sobre todo, que non o faga de costas ás comunidades autónomas, senón primando a igualdade de oportunidades para que os destinatarios directos sexan as pemes e autónomos que forman parte de toda a cadea de valor da industria. E, do mesmo xeito, territorios onde o factor da reindustrialización é fundamental para garantir un futuro industrial, como é o caso das comarcas de Ferrolterra ou As Pontes.

1 de xullo de 2021 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.