publicidade hoxe

As universidades públicas galegas incorporan á súa oferta tres graos, cinco másteres e dous programas de doutoramento novos para o curso 2021-22

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

As tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) incorporarán á súa oferta académica para o vindeiro curso un total de dez titulacións a razón de tres graos, cinco másteres e dous programas de doutoramento novos para o vindeiro curso 2021-22.

A oferta destas novas titulacións faise efectiva no Diario Oficial de Galicia de hoxe, coa publicación da orde de implantación de ensinanzas universitarias en Galicia. Todas as titulacións recibiron o visto e prace do Consello Galego de Universidades, da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e do Consejo de Universidades.

Graos novos

No que atinxe aos novos títulos de grao, inclúense dous na rama de Humanidades, un para a Universidade de Santiago de Compostela e outro na Universidade de Vigo. Así pois, a Facultade de Humanidades do Campus de Lugo (USC) ofertará o vindeiro curso o grao en Xestión Cultural, con 45 prazas a razón de 25 na modalidade presencial e 20 na semipresencial. A impartición deste grao inicia o proceso de extinción do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

O outro desta rama é o grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española, que se impartirá na Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo (UVigo). Neste caso ofértanse 50 prazas e o grao contará con dúas especialidades ou mencións, que son a Mención galego e a Mención Español. A impartición deste grao inicia o proceso de extinción do grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios no mesmo campus e centro.

Así mesmo, a Universidade da Coruña (UDC) ofertará o grao de Máquinas Navais, que se poderá cursar na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas no campus herculino. O grao disporá de 50 prazas en modalidade presencial e dúas mencións, unha en Enerxía e Propulsión e outra en Oficial Electrotécnico. A impartición deste grao inicia o proceso de extinción do grao en Tecnoloxías Mariñas.

16 de xullo de 2021 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.