publicidade hoxe

A Xunta realiza a proba de carga da ponte de Valdriz, en Láncara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLáncaraLocal PortadaLugoPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda realizou a proba de carga da ponte de Valdriz, en Láncara, que vén de ser ampliada no marco das obras de construción dunha senda peonil e ciclista na estrada autonómica LU-621. Situáronse na plataforma tres camións de 37 toneladas de peso cada un para comprobar a resistencia da infraestrutura.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que os traballos neste punto están próximos a finalizar. O proxecto contempla tamén a execución dunha rotonda para mellorar o tráfico no entorno da urbanización de Valdriz, ademais da senda de preto de medio quilómetro (460 metros) que discorrerá pola marxe esquerda entre este punto e o inicio das beirarrúas da Pobra de San Xiao. As obras foron licitadas cun orzamento de case 730.000 euros, aos que se engaden 103.200 euros investidos no retranqueo e soterramento da liña de evacuación da hidroeléctrica de Valdriz.

14 de xullo de 2021 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.